Veciños de Chapela xóganlla a diario sen un paso para peóns en dous quilómetros

Mónica Torres, M.Moralejo REDONDELA

REDONDELA

M.Moralejo

«Esta estrada é un coitelo constante», advirten os afectados por un viario con alta densidade de sinistros

09 sep 2019 . Actualizado ás 21:51 h.

«Esta estrada é un coitelo constante, hai accidentes sempre». Francisco Puch, veciño de Chapela, resume así a problemática á que se enfrontan os veciños que residen neste tramo da Nacional 552, entre Cabanas e o pavillón de Chapela. «É unha Nacional pero realmente é zona urbana, é a Avenida de Redondela», explica. Con el, unha trintena d evecinos da zona hase botado esta mañá á estrada para visibilizar o seu problema diario xa que «entre Cabanas e o pavillón, hai uns dous quilómetros de distancia pero nin un só paso de peóns, así que ás veces, só para cruzar, debemos coller o coche para non arriscarnos, porque ademais hai moitos nenos pequenos e tamén moitos maiores», manifestan.

Tras un cartel coa mensaxe Queremos semáfoto xa, concentráronse ante as portas do colexio de Angorén e cortaron simbólicamente en tráfico durante escasos minutos nas proximidades do escenario do último sinistro, no que faleceu un mozo tras chocar contra un camión aparcado. Destacan que esta Avenida de Redondela é infranqueable a pesar de que é onde se concentran a maioría de servizos, como o instituto, os colexios, a farmacia ou o centro de saúde.