Bidóns de pintura como papeleiras na estación de buses de Ponteareas

Monica Torres
M.Torres PONTEAREAS

PONTEAREAS

cedida

Alterantiva Cidadá denuncia o estado «ruinoso» das instalacións

14 ago 2020 . Actualizado ás 23:01 h.

Alternativa Cidadá de Ponteareas (ACIP) denuncia o estado «ruinoso» da estación de autobuses e afirman que a situación de «abandono e falta de mantemento, poñen de manifesto que as instalacións son insalubres». Lembran que a súa estación «foi unha icona de referencia que agora se converteu nun lugar que non se pode utilizar». Nun catálogo de imaxes mostran o estado dalgúns dos servizos e nelas obsérvanse bidóns de pintura baleiros como papeleiras, falta de luz nos baños cos cables ao descuberto ou sanitarios sen tapas. Afirman que ademais queda aberta de noite sen control.