Peludiños solidarios apoia ás protectoras de animais

La Voz

PONTEAREAS

Óscar Vázquez

AXENDA CULTURAL | Durante case oito horas, o Urban Market acollerá distintas actividades solidarias coas asociacións

23 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

De 12.00 a 20.30 horas terá lugar a primeira edición de Peludiños solidarios no Urban Market de Mahou do Mercado do Progreso, organizador xunto con Skölldog.

É un evento a favor das protectoras de animais Protectora Os Biosbardos, Refuxio de animais de Ponteareas , Rescue Galicia e Ti es a nosa axuda.

Haberá un photocall perruno cuxo prezo será de 5 euros, dous dos cales irán destinados ás protectoras.

Venderanse rifas a 1 euro para poder participar nos sorteos que se realizarán o día 24 de febreiro a través da páxina de Facebook de Skölldog. As protectoras montarán un mercadillo para sufragar os gastos do refuxio. O recadado irá de forma íntegra á protectora correspondente.

O grupo de rock Fushion Four amenizará a tarde coa súa música. A organización aclara que non haberá problema se algún can ten medo aos sons fortes, xa que a actuación se desenvolverá nunha dependencia diferenciada.