ButacaZero leva a escena a memoria do pobo galego

La Voz

PONTEAREAS

SANDRA ALONSO

AXENDA CULTURAL | A compaña actúa no auditorio de Ponteareas

23 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe • 20.30 horas • Ponteareas • ButacaZero chega ao auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas con #camiños, unha peza de teatro físico, poético e moi político que pecha unha triloxía sobre a memoria. A obra chega avalada polo Centro Dramático Galego, que a coproduce.

O texto é de Esther F. Carrodeguas e a dirección de Xavier Castiñeira. Sobre o escenario estarán Noelia Blanco , Noa Covelo, Celina Fernández, Pia Nicoletti e Esther F. Carrodeguas.

Se en Voaxa e Carmín, Carrodeguas quixo abordar a memoria histórica e en Na butaca, a memoria individual, nesta ocasión trata de levar a escena a memoria do pobo galego. #camiños nace dunha investigación sobre a multitude de aldeas abandonadas. Carrodeguas e Castiñeira foron tecendo unha peza que leva ao espectador de camiño a nós mesmos, ao que somos e ao que desexamos ser.