Non deixes que a falta de audición che aisle

Manu Otero

PONTEAREAS

Óscar Vazquez

Capacidade de comunicación mermada, illamento ou depresión son algúns dos síntomas do déficit de audición. Un audífono é o remedio para recuperar a calidade de vida perdida e volver decatarse de todo.

15 abr 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Detrás dese veciño que pon o volume da tele a lume de biqueira pola noite, dese vello amigo que se atopa pola rúa e dille si a todo pero que é evidente de que non lle está entendendo ou daquel parente ao que lle dá un recado e non o fai. Detrás de todo iso está, case sempre, un problema de audición. Un problema que acaba por illar ao que o padece e que pode conducir a trastornos depresivos.

A perda de capacidade auditiva afecta tamén ao núcleo familiar e é orixe, ás veces, de conflitos e de preocupación porque o paciente deixa de relacionarse e de saír á rúa por medo a non entender, a quedar en ridículo.

A solución está ao alcance das súas mans. En centros especializados como Escoita, en Ponteareas, realizarán un diagnóstico dos seus oídos e recomendaranlle un audífono que liquidará dunha plumada todos os problemas. Neste establecemento non só dispoñen dos mellores modelos do mercado, senón que ofrece aos seus clientes un mes de proba gratuíto para que vexan como lles cambia a vida. A diferenza é abismal. «E a xente quédallo», afirma María Fernández, que leva media vida coidando a saúde auditiva dos seus clientes.

Os últimos avances en audífonos fan que sexan máis cómodos e discretos. Ademais regúlanse automaticamente para ofrecer a mellor audición tanto en ambientes silenciosos como entre miles de persoas.

ESCOITA

A MELLOR ATENCIÓN PARA O COIDADO DA AUDICIÓN

Teléfono: 986 661 927