Isma Martínez abandona o banco do Novás tras dúas tempadas

La Voz VIGO / LA VOZ

O Rosal

cedida

O técnico anunciou a súa decisión por motivos persoais

24 may 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Motivos persoais impulsaron a Isma Martínez a pór punto e final a unha etapa de dous anos e medio no Atlético Novás. O adestrador anunciou o seu adeus entre bágoas nun acto convocado polo club na mañá de onte e onde estivo rodeado da directiva e do persoal do conxunto rosaleiro.

«Para nós é un pau», di Andrén Senra, o presidente do club nun acto onde confesaba que xa estaban á procura dun substituto. Isma Martínez indicou que é unha decisión persoal «na que sei que eu perdo máis que o club», ao que dedicou palabras de agradecemento e ao que agarda volver algún día.

Martínez vaise despois de conseguir o ascenso a Prata e manter ao equipo dun modo agónico no segundo escalafón do balonmán español, no que repetirá a próxima tempada o cadro do Rosal.