O Porriño chora a perda de Cunqueiro, ex xefe da Policía Local

La Voz O Porriño / LA VOZ

O Porriño

Cedida

Falecido aos 78 anos, será lembrado como «un gran traballador e loitador»

10 abr 2021 . Actualizado ás 15:39 h.

Os veciños do Porriño despediron onte ao seu Cunqueiro. Álvaro José Ramón Cunqueiro Lorda, foi o xefe da Policía Local do municipio durante 25 anos. Naceu en Redondela, pero case toda o seu carreira profesional a desenvolveu na vila na que traballou ata a súa xubilación ata o 2008. Fillo tamén do corpo, porque o seu pai traballou en San Simón, Cunqueiro era ademais sobriño do insigne escritor e quen lle coñecen tamén destacan del a súa paciencia e humanidade.

Faleceu aos 78 anos tras unha longa loita contra unha dura enfermidade. «Eramos amigos e confidentes», indica Carlos, compañeiro tamén de profesión. Todos o lembran como «un gran traballador e loitador, que tivo que afrontar en vida os peores golpes para un pai, pero que nunca deixou de loitar», din.