La gallega Jéssica Bouzas gana a Paula Badosa y avanza en el Másters de Madrid

Case 800 máscaras de agasallo

Miguel Ascón Belver
Miguel Ascón OURENSE

O Porriño

MIGUEL VILLAR

A ourensá Rosa Bolaño decidiu facer máscaras para os alumnos e profesores do colexio onde estudan os seus sobriños

21 sep 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Rosa Bolaño ten tres sobriños que estudaron no colexio Divina Pastora (Franciscanas). Só queda un no centro, pero está tan agradecida polo trato que sempre deron á súa familia, que quixo corresponder cun enorme agasallo. Entre a súa nai e ela, que ten unha mercería na estrada da Granxa, dedicaron o verán a preparar unha máscara para cada alumno e para cada profesor do colexio ourensán. Foron, en total, case 800, segundo explica. Para iso utilizou preto de trinta metros de tea. Trátase, ademais, dun produto especial, antibacteriano e preparado para soportar 110 lavados. Ata os seus sobriños axudaron no traballo, preparando as gomas e embolsando as máscaras. Despois de moito traballo conseguiron chegar a tempo e o primeiro día da volta ao colexio realizouse a repartición. Así, todos os alumnos e profesores levaron para casa unha delas. Todas están elaboradas na cor teza que tamén utiliza o colexio como imaxe corporativa e que protagoniza os uniformes dos estudantes.

«Durante o confinamento estiven a pensar en como podería botar unha man, en como podería corresponder a todo o traballo que eles fan e ocorréulleme isto», explica Rosa Bolaño, que engade: «Cando as cousas van mal, as familias téñense que unir». E está claro que agora mesmo «as cousas» non van precisamente ben. Ela sábeno ben desde o seu Mercería R&F. O comercio aínda non se recuperou do parón que supuxo o confinamento e os clientes son remisos a comprar ante a incerteza da situación actual, explica Rosa, que tivo que reinventarse coa elaboración de máscaras. No seu negocio ten de todo tipo e cabe destacar que ademais dos tamaños habituais (pequena, mediana e grande) creou a mini para os nenos de menor idade. «Hai que adaptarse», di.