Ferido un menor de 15 anos que conducía un coche no Porriño

Monica Torres
m. torres O Porriño / LA VOZ

O Porriño

C

Investigan se colleu un vehículo que o seu pai ía vender

22 ene 2020 . Actualizado ás 09:17 h.

Un mozo de 15 anos resultou ferido despois de sufrir un accidente no vehículo que conducía na zona da Vaquería, na subida ás canteiras do Porriño á altura da parroquia de Budiño. A Garda Civil investiga se o mozo se fixo coas chaves dun dos coches que o seu pai tiña preparado para vende ren o seu negocio de compra venda de vehículos de segunda man e montouse no mesmo cun amigo da mesma idade para dar unha volta por unha pista forestal pola que se accede a unhas canteiras. O mozo saíuse da vía e chocou contra unha pedra

Ao parecer, o sinistro produciuse por unha saída de vía pola esquerda que acabou co impacto cunha pedra que, á súa vez, os rebotó cara á dereita. O vehículo sinistrado é un Ford Focus. A investigación apunta a que ambos facían uso do cinto de seguridade. O condutor foi trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro. Interveu no atestado o grupo de investigación e análise de tráfico do Porriño. Instrúense dilixencias por un presunto delito contra a seguridade viaria.