O Concello do Porriño axudará ao Pontellas con 4.000 euros

La Voz VIGO / LA VOZ

O Porriño

XOAN CARLOS GIL

Co gallo de a súa participación en Copa, súmase esta cantidade á subvención convida

05 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O concelleiro de Deportes do Porriño, David Alonso, informou de que o goberno municipal porriñés outorgará unha axuda extraordinaria de 4.000 euros ao Pontellas a maior da subvención anual convida.

A directiva do club solicitara axuda económica e loxística debido aos gastos extraordinarios que lle supón ao club afrontar a súa histórica participación na previa da Copa do Rey . Enfrontaranse ao Tolosa o 13 de novembro e, en caso de superar esta eliminatoria, mediríanse a continuación a un equipo de Primeira dos que non disputan a Champions.