Esperanza García Yáñez súmase á lista de veciños centenarios de Nigrán

María Jesús Fuente Decimavilla
M. J. Fonte VIGO

NIGRÁN

Cedida

A muller, do barrio de Quinteiro, en Panxón, traballou na fábrica de conservas Puga, en Baiona

18 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Esperanza García Yáñez, do barrio de Quinteiro, en Panxón, cumpriu onte 100 anos rodeada dos seus e súmase á lista de veciños centenarios de Nigrán (2 homes e 6 mulleres). Nai de seis fillas, unha delas xa falecida, Esperanza compaxinou o traballo na casa co de operaria na fábrica de conservas Puga, en Baiona. O seu marido, falecido, traballaba no salto hidroeléctrico de Vao.

A veciña centenaria ten nove netos, outros tantos bisnietos e 2 tataranietos.