Cinco dos seite boletos premiados foron adquiridos por un único cliente
04 sep 2019 . Actualizado ás 11:30 h.A fortuna sorriu esta semana a Nigrán. O sorteo diairio da Once deixou a pasada noite neste concello premios por valor de 245.000 euros, segundo informou a organización.
Marco Antonio Lago vendeu en Panxón sete cupóns premiados con 35.000 euros cada un, cinco dos cales os adquiriu un único cliente, segundo recolle Efe.
Lago é un vendedor ambulante que substitúe en vacacións e baixas a outros vendedores e que xa repartiu sorte en anteriores ocasións, en Moaña e Ponteareas.