Diversión por milleiros na travesía da Ramallosa

La Voz VIGO

NIGRÁN

Xoán Carlos Gil

Unhas cen presentas disfrazadas botaron á auga unha ducia de embarcacións no río Miñor

19 ago 2019 . Actualizado ás 22:05 h.

Medio milleiro de persoas divertíronse esta tarde xunto á ponte da Ramallosa (Nigrán) na travesía que unha ducia de embarcacións tratou de levar a cabo ao longo do tramo final do río Miñor. Un centenar de participantes no denominado «Flota como poidas» botáronse á auga por grupos nos que se recreou desde a voda de Belén Esteban, con capela incluída, ao bar de Moe dos Simpsons, unha peculiar Familia Adams, exploradores sobre un crocodilo, buscadores de chatarra, flamencos... Non todas as embarcacións chegaron íntegras á meta, pero a diversión estivo asegurada sobre os artefactos construídos sobre palés, lanchas inchables, ferros de espuma ou bidóns que foron premiados nas súas versións máis elaboradas e nas máis cutres tamén, así como a familia máis intrépida e participativa, a tripulación máis simpática, os maiores e os máis novos, ou a categoría especial Titanic para o primeiro en naufragar sen acabar o circuíto circular establecido na Ramallosa.