Mos abre un servizo para tramitar as solicitudes de axuda ao alugueiro

m. j. f. MOS / LA VOZ

MOS

Iago Maneiro

Técnicos municipais atenderán no antigo centro de desenvolvemento local

15 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Desde mañá e ata o día 29 o Concello de Mos pon a disposición dos veciños un servizo para axudar a tramitar as solicitudes de subvención de alugueiros. Técnicos municipais estarán á súa disposición na axencia de colocación (antigo CDL), na estrada de Puxeiros a Peinador, entre as 9.00 a 14.00 horas. Para acudir é preciso solicitar cita previa no teléfono 986 487 786.

As axudas son para o Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 e a finalidade é facilitar o goce dun piso a sectores de poboación con escasos medios económicos mediante a subvención directa aos inquilinos. Tamén existe outra liña de axudas para persoas menores de 35 anos con escasos medios.

Entre as condicións esíxese ter contrato de alugueiro no momento da presentación da solicitude. Só se admite unha única petición por cada unidade de convivencia.