Juáncho recupera o medo esquecido

La Voz VIGO

MOS

Galaxia presenta en Mos o libro Na procura do medo esquecido. Catálogo de criaturas mitolóxicas e fantásticas

13 abr 2021 . Actualizado ás 17:13 h.

Ás 19.30 horas terá lugar no exterior do Pazo de Mos a presentación do libro Na procura do medo esquecido. Catálogo de criaturas mitolóxicas e fantásticas, de juáncho . Acompañando ao autor asistirá Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, o escritor Diego Giráldez e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. 

Explican desde a editorial que en esta obra se rende homenaxe a algúns deses seres que levan dando medo durante moitos séculos e hoxe vagan polo esquecemento colectivo. A natureza aparece como protagonista, xa que pon o escenario, a luz e os personaxes principais no seu deambular pola tradición.