Mostra inclusiva de poesía visual no Pazo de Mos

MOS

Vieiros está exposta na Fundación ata o próximo 10 de xullo

20 jun 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Xa se pode volver visitar na Fundación Pazo de Mos a mostra colectiva e inclusiva de poesía visual Vieiros, impulsada polo poeta e dramaturgo David Fernández Rivera.

A mostra, que contou co apoio da Concellaría de Cultura de Mos, estará aberta ao público ata o próximo 10 de xullo e poderase visitar en horario de 16.00 a 20.00 horas de luns a sábado.

Vieiros é unha iniciativa pioneira que reúne as obras dun grupo de dez mulleres con discapacidade intelectual do Centro EVD Galicia de Mos xunto ás de seis creadores de dilatada traxectoria artística, como son Paco Vila Guillén, Marcos Mesa, Mikel Jauregui, Franklin Fernández, Alfonso Augado Ortuño e o propio David Fernández Rivera.