Unha persoa ferida ao arder o vehículo no que viaxaba

La Voz

MOS

O incendio produciuse na AP-9 no límite entre Vigo e Mos

15 sep 2019 . Actualizado ás 20:18 h.

Unha das cinco presentas que viaxaban nun turismo precisou ser trasladada a un centro hospitalario despois de que o vehículo ardese por completo esta tarde na AP-9, ao seu paso por Vigo, no límite con Mos.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o lume pasou ao monte e foi necesaria a intervención dos servizos de urxencias para evitar que se estendese. Os feitos tiveron lugar no punto quilométrico 163,800 da autoestrada, ás 15.20 horas.

Varias particulares contactaron co 112 Galicia para alertar do ocorrido. A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros do Porriño e de Vigo, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local, de Protección Civil de Mos, do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais e do servizo de mantemento da vía.

Xa no lugar do incendio, os servizos de urxencia atallaron o lume.