As árbores singulares da provincia nunha mostra

La Voz

MOS

XOÁN CARLOS GIL

As nosas senlleiras está no Pazo de Mos ata o 28 de novembro

13 novs 2018 . Actualizado ás 10:05 h.

A exposición As nosas senlleiras, organizada polo departamento provincial de Cultura e Lingua e a Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA) da Deputación, estará no Pazo de Mos ata o 28 de novembro. Pretende pór en valor o importante patrimonio natural da provincia e dar a coñecer as características das árbores máis singulares.

Ao redor desta mostra está programada unha actividade complementaria especialmente dirixida a público infantil e familiar, que baixo o título Verbas non monte, terá lugar o domingo 18 de novembro, ás 18.00 horas no mesmo Pazo de Mos.

A mostra recolle 35 árbores singulares catalogadas na provincia de Pontevedra. Está composta por paneis ilustrativos cunha ficha de cada unha delas.