A Fonte de Troncoso xa pode pasar ao Concello de Mondariz Balneario e salvarse da desaparición

María Jesús Fuente Decimavilla
M. J. Fonte VIGO

MONDARIZ-BALNEARIO

M.MORALEJO

A plataforma en defensa da construción indica que o xuíz permite o cambio, segundo comunicoulle á Valedora do Pobo

25 novs 2020 . Actualizado ás 19:29 h.

A Fonte de Troncoso pode pasar a ser do Concello, ou o que é igual, da vila de Mondariz Balneario. Segundo a Plataforma SOS Fonte do Troncoso, a Valedora do Pobo informoulle de que o xulgado do Mercantil número 5 de Madrid ditou unha providencia concedendo a titularidade ao Concello para evitar que siga a súa deterioración. Desde a plataforma mostran a súa satisfacción polas xestións da Valedora María Dolores Fernández Galiño, dado o gran valor da construción, motivo polo que interpuxera unha queixa ante a institución galega.

O alcalde, José Antonio Lorenzo, evitou valorar a decisión e asegurou que se está negociando e que cando haxa algo firme, informará.