Localizan máis de 50 sillares da torre de Meira derrubada polos irmandiños

Monica Torres
mónica torres MOAÑA / LA VOZ

MOAÑA

O achado posibilita restaurar parte do conxunto co material orixinal

14 jun 2021 . Actualizado ás 20:07 h.

A torre de Meira mandouna construír a mitra compostelá a finais do século XIV ou inicios do XV. Foi derrubada en primeiro lugar polos irmandiños no ano 1468 e despois por Pedro Álvarez de Sotomayor, tamén coñecido como Pedro Madruga, que mandou ao maxistrado Juan Fernández que a destruíse totalmente, «ata o chan», en 1476. Expertos da cooperativa Árbore Arqueoloxía disponse agora a facer o proceso inverso xa que van reconstruír parte desta fortaleza medieval que coroa o monte da Torre, miradoiro de excepción sobre a ría de Vigo. A adxudicataria dos traballos de posta en valor deste enclave, promovidos polo Concello de Moaña e a comunidade de montes de Meira, fixo esta semana todo un achado: máis de medio centenar de sillares da torre orixinal.

«A verdade é que non contabamos con poder descubrir tanto material. Foi toda unha sorpresa porque demos con máis de cincuenta perpiaños que, ademais de axudarnos a comprender mellor como era a cantería medieval, permitiranos restaurar parte da torre», confirma o arqueólogo Benito Vilas. Esta fase de restauración xa comezou, e, segundo avanza Vilas, «o descubrimento destes perpiaños, algúns de máis de 500 quilos de peso, é fundamental para avanzar no coñecemento científico e ademais permítenos facer a restauración con materiais orixinais».

Tanto a cooperativa que asumiu o proxecto como o concelleiro de Patrimonio móstranse entusiasmados cos resultados dunha intervención que pretende pór en valor o conxunto e facilitar o seu coñecemento. «Estamos encantados co traballo, só lamentamos que non poidamos REVISAR facer as visitas pedagóxicas que estaban previstas para que os veciños puidesen seguir o proceso e que tanto interese suscitaran, pero non son posibles polo covid», indica el edil. Barreiro recuerda que la actuación ha sido posible gracias al respaldo económico de la Diputación y avanza su interés en que «tamén poidamos REVISAR actuar na muralla nos próximos anos».

A intervención en curso iniciouse escavando sobre as áreas nas que xa se traballou en 1976, ampliando a intervención cara á zona na que se consideraba que ía atoparse a porta. Os arqueólogos descifraron tamén este enigma. «A Torre de Meira non tiña unha entrada en superficie, como se cría ata o de agora, senón en altura e estaba por encima do nivel dunha persoa», confirma Benito Vilas.

A actuación, que arrincou a principios de mes, posibilitou ademais que os arqueólogos conseguisen localizar e definir a base completa desta fortaleza derrubada polos irmandiños. As imaxes a vista de dron permiten ver claramente a forma e dimensión do conxunto. Ademais, descubriron un torreón de defensa asociado á muralla deste singular conxunto.

«En 1976 descubriron a base da torre, que está nun outeiro, dentro da fortificación. Agora localizamos toda a base cuadrangular da torre e gran parte da muralla», explica o arqueólogo. Escavaron a zona derrubada polos irmandiños, pero tamén se toparon cun nivel negro por baixo. «Pensamos que este nivel negro pode deberse a un incendio, que ben pode ser o que se desatase durante a loita para tirar a torre», revela Vilas. Chegaron pois ata o nivel da batalla de 1468 e, posiblemente, a unha etapa anterior, descubrindo tamén que eran varios os elementos do conxunto enclava neste privilexiado miradoiro de Meira. «Non só había unha torre, senón un patio de armas e unhas murallas sobre as que non se sabía ou, polo menos, nada se publicou ata o de agora así como un torreón de defensa», indica Vilas. Ademais dos descubrimentos estruturais, Árbore Arqueoloxía, rescatou algunhas pezas que se haberán aínda de analizar, como restos de cerámica de Manises, de alta calidade, unha cruz e un dente de xabaril.

O proxecto en marcha completarase coa consolidación do conxunto e a sinalización para que sexa accesible facilitando a súa comprensión. Moaña xa sinalizou tamén varios petróglifos con paneis explicativos e códigos QR.