Moaña recibe a bandeira verde como recoñecemento ás súas políticas de protección ambiental

La Voz VIGO / LA VOZ

MOAÑA

C

O xurado valorou a actuación do municuipio coa paisaxe e a loita conra o cambio climático

10 novs 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A Consellería de Medio ambiente entregou onte ao Concello de Moaña a bandeira verde de Galicia. Xunto con Porto do Son, converteuse nun dos primeiros concellos en recibir este distintivo que promove a Xunta. A alcaldesa, Leticia Santos, recibiu o distintivo que recoñece o compromiso coa protección da paisaxe e do medio ambiente de mans da conselleira Ángeles Vázquez.

O xurado valorou o traballo do municipio en catro ámbitos de actuación: a protección da paisaxe, o cambio climático e a eficiencia enerxética, a xestión responsable de residuos e as accións de sensibilización e comunicación. O galardón ten en conta a aposta do municipio co desenvolvemento de boas prácticas no coidado da contorna, o respecto pola paisaxe, a redución das emisións de gases con efecto invernadoiro e o fomento dunha correcta xestión dos residuos e de medidas para garantir a integridade e a limpeza dos espazos de interese. Tamén destaca a posta en valor de monumentos naturais, a educación ambiental ou a redución do consumo enerxético.

Ángeles Vázquez lembrou que unha das vantaxes da concesión do premio é que Moaña contará con máis mérito para obter subvencións.