Miles de persoas secundan a marcha por un auditorio en Moaña

MOAÑA

cedida

Os asistentes cubriron as rúas desde o peirao do Con ata o Concello coreando consignas

23 mares 2019 . Actualizado ás 20:15 h.

Decenas de colectivos e personalidades vinculadas ao mundo da cultura participaron onte na marcha multitudinaria que uniu o peirao do Con ata o Concello para reivindicar un auditorio para Moaña. Ademais dos que asistiron persoalmente, a plataforma Pro Auditorio seguiu sumando apoios a través das redes sociais, onde Morris, Touriñán ou Zahera xa colgaron os seus vídeos de respaldo. Apuntáronse a Escola de Artes Escénicas de Cangas ou a asociación de enfermos de familiares de enfermos de alzheimer. O obxectivo era «visibilizar a unión cultural», dixo a plataforma e, sin duda conseguírono. Miles de persoas marcharon tras enormes pancartas con consignas claras e algúns con narices vermellos reclamando que «Cambiemos a escena». «Moaña terra de grande cantores, sen auditorio es coma un xardín sen flores», dicía outra das macro pancartas da marcha. A actividade cultural prosegue agora fronte ao Concello de Moaña.