Un aparellador «traquilo e bo» comprometido co nacionalismo

m.hermida PONTEVEDRA / LA VOZ

MOAÑA

cedida

Traballou durante case catro décadas non Concello de Moaña

04 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Arturo Garrido García, que faleceu en Pontevedra aos 67 anos de idade e cuxa incineración tivo lugar onte, foi coñecido, sobre todo, polo feito de ser o aparellador municipal de Moaña, un posto no que estivo case catro décadas. De feito, fontes próximas ao citado concello sinalan que el foi testemuña directa do crecemento de desenvolvemento do urbanismo local. Pero as hemerotecas contan máis cousas de Arturo Garrido. Amosan tamén o seu compromiso co mundo do nacionalismo galego. Non en van, tanto nos anos oitenta como a principios dos noventa militou no que entón se chamaba Partido Socialista Galego- Esquerda Galega (PSG-EG). De feito, no ano 1991 concorreu como número uno por este partido ás eleccións municipais en Ponte Caldelas, onde tiña raíces familiares. Tivo sido un colaborador estreito de Camilo Nogueira, segundo recollían tamén as crónicas daqueles anos. Como soe acontecer coas boas persoas, onte os seus amigos non lembraban nin a súa traxectoria política nin os seus logros laborais. Do que se acordaban era dun home «tranquilo e bo, destas persoas que saben escoitar aos demais».