Miguel Fernández, novo adestrador do Rápido

La Voz VIGO / LA VOZ

GONDOMAR

rapido de bouzas

Foi o técnico do Moaña a tempada pasada

14 jun 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Rápido de Bouzas presentou onte aos novos nomes propios da estrutura do club para a próxima tempada, empezando polo adestrador do primeiro equipo. O substituto de Míchel Alonso será Miguel Fernández, con pasado en Sárdoma, Gondomar, Sporting Guardés, Atios e Moaña. Chega con Dani Pascual como segundo adestrador e preparador físico.

Así mesmo, Jacobo Molina pasa a ser o responsable do Xuvenil de Liga Nacional, que se marca o obxectivo do ascenso a División de Honra. Ademais, o director deportivo será Juan Rodríguez, home da casa que foi fichado por Patxi Salinas como observador.

Víctor Rodríguez exercerá de responsable de metodoloxía e Borja Rodríguez encargarase da escola. O cargo de secretario executivo recae en Ignacio Montenegro.