Hospitalizados os ocupantes dun coche que deu unha volta de campá en Covelo

La Voz VIGO

COVELO

Óscar Vázquez

O acompañante quedou atrapado baixo o cadro de mandos

22 dic 2020 . Actualizado ás 01:35 h.

Dúas persoas resultaron feridas na noite de onte despois de sufrir un accidente en Covelo. Os feitos sucederon preto das 22.00 horas na N-120 que une Mondariz e este concello da comarca da Paradanta. Foi necesaria axuda para que o copiloto do coche puidese saír, xa que quedou atrapado baixo o cadro de mandos despois de que o vehículo se saíse da vía e dese unha volta de campá. 

Un particular alertou dos feitos ao 112, segundo informa Efe, e o centro de urxencias pediu axuda aos bombeiros de Ponteareas, así como dos voluntarios de Protección Civil de Oitavén-Tea, quen confirmaron que a persoa que viaxaba no asento do copiloto necesitaba axuda para saír do coche.

O condutor puido zafarse polos seus propios medios e foi conducido a un centro hospitalario de referencia xunto ao copiloto.