O Cangas pasa a cuartos ao vencer ao Carballal

LA VOZ VIGO

CANGAS

CARLOS IGREXAS

17 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Cangas superou onte con solvencia ao Carballal no seu partido correspondente aos cuartos de final da Copa Galicia de balonmán. Os de Nacho Moyano, que seguen contando os seus partidos por vitorias despois de tres compromisos de pretemporada, impuxéronse por 22-34 (7-16 ao descanso).

O equipo cangués, que agora se enfrontará á súa filial, o Luceros, non deu ningunha opción ao conxunto vigués e despegouse enseguida a partir do 2-2 que reflectía o marcador aos cinco minutos.

Adrián Menduíña, con nove tantos, foi o máximo goleador dun equipo infestado de canteiráns. No Carballal os goles estiveron moi repartidos, destacando Óscar Otero (4).