O Cangas necesita coller aire en Valladolid

La Voz VIGO / LA VOZ

CANGAS

XOÁN CARLOS GIL

O conxunto que dirixe Magí Serra segue fóra do descenso

23 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Cangas busca hoxe (20.00) ante o Valladolid coller aire e meter o medo do descenso aos xogadores do conxunto local, que non gaña un partido desde o pasado 12 de decembro, cando derrotou pola mínima (25-24) ao pechacancelas Alcobendas.

No Polideportivo Huerta do Rey mediranse dous estilos moi diferentes entre si. Os valisoletanos apostan por un balonmán dinámico, de moitos ataques e cun alto ritmo de xogo; o Cangas crece desde o seu defensa, con ataques moi longos, rozando moitas veces o pasivo.

O conxunto que dirixe Magí Serra segue fóra do descenso, pero cun só de punto de vantaxe sobre o Teucro, que recibe na súa pista ao Anaitasuna, outro dos equipos que busca a tranquilidade.