Na Mostra de Cangas xógase un partido de fútbol feminino sobre o escenario

La Voz

CANGAS

cedida

A Nova Compaña representa "Playoff"

06 jul 2018 . Actualizado ás 05:35 h.

Hoxe • Cangas • A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) é unha das máis importantes manifestacións de espectáculos vivos que teñen o humor como bandeira. O certame celebra a súa 35 edición ata o domingo, 8 de xullo e hoxe ofrece tres espectáculos. Ás 20.00 horas na librería Wells, Carmen Abizanda, profesora de Literatura Dramática na ESAD de Galicia, presenta a publicación da súa obra de teatro A soas comigo. Ás 20.30 a compaña de teatro galega Pistacatro presenta na praza da Constitución o espectáculo O Autoestopista Intergaláctico.

 Ás 22.30 no Auditorio Municipal, A Nova Compaña, de Madrid, presenta Playoff, unha tragicomedia que transcorre no vestiario dun equipo de fútbol feminino. As protagonistas son mulleres novas que adoran a súa profesión, apaixonadas e ambiciosas. A obra reflexiona sobre o papel da muller e do deporte feminino nunha sociedade que aínda manifesta un machismo feroz en moitos ámbitos. As protagonistas son Cristina Bertol, Neus Cortès, Ana Escriu, Yolanda Fernández, Cris Galego, María Romero e Cristina Varona.