O Concello de Cangas selecciona a 31 traballadores

La Voz CANGAS / LA VOZ

CANGAS

llera

Contratará a parados, con axuda da Deputación, para peóns agrícolas, barrenderos, albaneis, xardineiros e persoal de urxencias

24 abr 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Cangas seleccionará a 31 traballadores no marco do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. Ofértanse 10 prazas de peóns agrícolas, 9 de peóns barrenderos, 4 de peóns albaneis, 3 de peóns xardineiros, 2 de peóns de urxencias, un de condutor, outro de auxiliar administrativo e outro de conserxe de instalacións deportivas.

Faranse contratos de duración determinada e os salarios brutos con pagas extraordinarias oscilan entre os 1.403,69 euros e os 1.569,40. Hai que ser desempregado, maior de 16 anos e posuír as aptitudes requiridas.