Baiona nomea fillo adoptivo a Román Pereiro Alonso

La Voz BAIONA / LA VOZ

BAIONA

Cedida

O médico e coleccionista foi impulsor do movemento Atlántica, que celebrou a súa primeira exposición na vila

16 ago 2020 . Actualizado ás 02:47 h.

Noite de tiros longos en Baiona para entregar a insignia como fillo adoptivo da vila a Román Pereiro Alonso. O alcalde, Carlos Gómez, foi o encargado de entregar ao médico e coleccionista este galardón acordado pola comisión de honra e distincións do Concello miñorano co que, periodicamente, recoñécense publicamente as accións realizadas por quen, sendo ou non naturais do municipio, contribúen coas súas accións e traballo ao engrandecimiento de Baiona.

Neste caso, recoñeceuse a Román Pereiro como un dos principais promotores da cultura na vila mariñeira. O galardoado foi un dos creadores e impulsores do movemento Atlantica, un «fenómeno artístico e sociolóxico a nivel nacional e que tivo en Baiona o seu lugar de nacemento», con uan exposición no ano 1980. A historia da arte en Galicia dos anos 80, recoñecen os expertos, non se pode escribir sen o nome de Román Pereiro, que naceu en Vigo no 1933. O novo fillo adoptivo de Baiona tamén legou parte da cartografía que se expón no Museo da Navegación.

Médico especializado en anatomía patolóxica, traballou no Instituto do Cancro de París e foi o primeo en facer unha citología en Vigo. A arte foi unha das súas grandes paixóns, como a propia localidade de Baiona. Foi o seu pai quen lle empezou a levar a exposicións desde neno. O muñidor de Atlántica fixo amista con Huete, Silverio Rivas, Menchu Lamas, Antón Patiño... E namorouse de Malena Lepina, a súa muller, que faleceu este ano en Vigo e que era filla do anticuario Abel Lepina.