Un veciño de Baiona salva a vida pero perde a súa casa nun incendio

BAIONA

cedida

O home foi rescatado tras refuxiarse na terraza e trasladado ao hospital por inhalación de fume

11 novs 2019 . Actualizado ás 21:16 h.

Un pavoroso incendio arrasou esta mañá unha vivenda en Baiona. O lume desatouse pasadas as dez da mañá na rúa A Guarda, situada o centro da vila e foron os veciños os que deron a voz de alarma. O seu propietario e único ocupante nese momento, de 59 anos, conseguiu salvar a vida refuxiándose na terraza do inmoble ata que puido ser rescatado pero aínda así sufriu unha importante intoxicación por fume e foi trasladadoen ambulancia a Povisa, onde permanece ingresado. O incendio desatou un importante despregamento de urxencia no conxunto histórico no que participaron os comberos do GES Val Miñor, a Policía Local e o 061. Con todo non puideron evitar que as chamas avanzasen con tal voracidade que afectaron gravemente á vivenda. O alcalde, Carlos Gómez, que estivo no lugar dos feitos, confirmou que o departamento de Servizos Sociais xa está a traballar no caso e que o de Urbanismo estudará o estado da estrutura para valorar e definir as actuacións que haxa que levar a cabo.