O PP de Baiona advirte que é urxente arranxar o paseo da Foz para evitar máis derrumbe

La Voz BAIONA / LA VOZ

BAIONA

A M

A intervención depende dos prespuestos do Estado.

31 oct 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O PP de Baiona considera que a obra de rehabilitación do paseo que limita o municipio con Nigrán debe acometerse como obra de urxencia. O seu portavoz e exalcalde, Anxo Rodal, indica que esta vía se descartou en febreiro, cando el se entrevistou por última vez co director xeral de Costas en Pontevedra, Enrique Fernández Méndez, «porque el dixo que non era viable incluílo nesa excepcionalidade e tampouco se sabía que se ía prolongar a conformación dun Goberno Central». O popular quixo advertir onte da situación, despois de que o alcalde, Carlos Gómez, explicase que esta intervención depende dos orzamentos xerais do Estado, que á súa vez dependen da conformación do futuro goberno que saia das urnas o próximo 10 de novembro.

Anxo Rodal entende que, tendo en conta de que os adiamentos se suceden desde que o goberno local reclama o seu arranxo fai xa case dous anos mantendo encontros ata en Madrid, chegou o momento de poder incluírse a intervención nun caso de urxencia ou excepcionalidade como pasou na Guarda, onde esta semana comezou a construírse un dique para evitar que a erosión acabe coa zona de Rede Natura.

Anxo Rodal advirte que a Dirección Xeral de Costas presentoulle varias alternativas. «Optaron a de 150.000 euros, para arranxar os 50 metros que daquela xa se derrubaron, pero eles mesmos explicaron que a parte caída estaba a actuar como talude para frear a erosión no resto do paseo», explicou onte Rodal. Con esta premisa, argumentada polos técnicos, aposta pola urxencia e por ampliar o plan. «Creo que haberá que acometer o de 700.000, porque inclúe un dique e blinda 200 metros de paseo», manifestou.