O temporal arrastra en Baiona un veleiro ata a praia

BAIONA

cedida

As ondas acadan os seis metros na zona de Cabo Silleiro con fortes refachos de vento

24 ene 2019 . Actualizado ás 09:26 h.

O temporal arrastrou esta noite un barco na baía de Baiona. Os fortes ventos que aumentaron durante a madrugada conseguiron mover un veleiro, a pesar de estar protexido na enseada. A embarcación soltouse e acabou encallando na praia de Santa Marta. Non houbo danos persoais e, a falta da peritaxe do veleiro, os materiais parecen escasos.

Hai que agardar agora a que o temporal amaine para intentar reflotar o veleiro e levalo de novo a porto. Non se rexistraron incidencias de entidade na comarca a pesar de que se acadaron ondas de ata seis metros de altura na zona de Cabo Silleiro, onde se rexistraron tamén os maiores refachos de vento desta madrugada nas comarcas do Val Miñor e O Baixo Miño.