O «novo» parador de Baiona cumpre 20 anos

La Voz

BAIONA

M.MORALEJO

En 1999 produciuse a reapertura do Conde de Gondomar tras anos de obras para modernizalo

23 ene 2019 . Actualizado ás 09:15 h.

Despois de dous anos de obras e un investimento de 1.904 millóns de pesetas (11 millóns e medio de euros actuais), tal día como hoxe fai vinte anos celebrouse a reapertura oficial do parador Conde de Gondomar. O emblemático establecemento de Baiona, contrasinal da vila turística, era reinagurado coa presenza da secretaria de Estado de Turismo, Elena Pisonero, quen destacou o «importante esforzo» por «recuperar a nosa historia e ensinala no exterior». Coa reforma, na que se modernizaron 44 cuartos e elimináronse barreiras arquitectónicas, prepárase para entrar no século XXI:

Ao acto non puido asistir o presidente da Xunta, Manuel Fraga, auténtico artífifice e impulsor da creación do parador tres décadas antes como ministro de Turismo. Si se deixaron caer polo municipio miñorano os conselleiros de Cultura, Pérez Varela, e de Medio Ambiente, Carlos

do Álamo, e o presidente de

Paradores, Francisco García.

A rede de paradores galega

conta con nove inmobles, 554 estancias e 412 empregados. Na área de Vigo, está o de Tui. Pisonero destaca que o de Baiona é, sin duda, un dos alicerces a nivel nacional.Aberto por vez primeira en outubro de 1966, neste momento pode presumir xa dos seus 122 cuartos, tres comedores, dous salóns e varias salas de reunións. Dispón así mesmo de piscina e pista de tenis. A rehabilitación, destaca a crónica de La Voz de Galicia sobre o acto, incluíu a construción de saunas e ximnasio. «Ao longo do presente ano está prevista a visita de 35.000 clientes, a metade dos cales utilizarán os seus servizos de aloxamento, en tanto que a outra metade optará polos de restauración».

Ao por entón alcalde de Baiona, Manuel Vilar, non se lle escapa o importante impulso que para o sector turístico suporá a modernización do parador unido ás novas vías de comunicación, tanto con Portugal como coa Meseta, que están en marcha.

E aí segue vinte anos despois. En outubro do 2016, o Conde de Gondomar cumpriu 50 outonos e homenaxeou a un matrimonio catalán fixo cada mes de agosto.

reconquista e casablanca

Bibiana Villaverde dirixe o programa «Voces da túa cidade», que se emite de 10.00 a 12.00 horas en Radio Voz. Hoxe falará de que Vigo é a cidade máis cara de Galicia para alugar e Pontevedra, a terceira máis cara. As inmobiliarias dan claves da subida de prezos e saberemos en que consisten os castings de inquilinos que levan a cabo os propietarios. O programa tamén abordará o saneamento da ría de Vigo co portavoz da plataforma Cíes, recentemente chegado de Bruxelas. Por outra banda, a alpinista e concelleira de Vigo Chus Lago pasará por Radiovoz para falará da súa nova expedición. Atravesará un lago xeado en Siberia a finais de xaneiro, como parte do proxecto «Compromiso coa Terra».