Baiona mostra a exposición «Rompe. Xoga en igualdade»

La Voz

BAIONA

Óscar Vázquez

Está protagonizada polas bonecas Barbie

23 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Ata o 3 de febreiro pódese ver na Capitanía Marítima de Baiona a exposición Rompe. Xoga en igualdade, impulsada pola Deputación de Pontevedra e realizada polas artistas Isabel Blanco e Irene Silva. Está protagonizada polas bonecas Barbie, que foron intervidas artisticamente para mostrar situacións de desigualdade, discriminación e violencia que seguen sufrindo as mulleres desde que son unhas nenas.

Esta rompedora exposición consta de 18 paneis e vitrinas con bonecas Barbies intervidas. As artistas creadoras da mostra, Isabel Blanco e Irene Silva, explicaron durante a inauguración da mesma que a boneca protagonista foi seleccionada por tratarse da máis famosa da historia, coa que a diario xogan miles de nenas en todo o mundo pero que, ao tempo, transmite valores sexistas e presenta a unha muller obxecto.