Denuncian a desaparición dunha veciña de Baiona e atópana morta na súa casa

BAIONA

cedida

A Guardai Civil e os bombeiros do GES tiveron que forzar a porta do domicilio

03 novs 2018 . Actualizado ás 18:52 h.

Os bombeiros do Grupo de Urxencias do Val Miñor e a Garda Civil localizaron esta tarde o cadáver dunha muller de setenta anos na súa casa de Baiona. Os veciños de Baredo alertaron ás forzas de seguridade de que a muller, duns setenta anos de idade e que residía soa, non saíra do seu domicilio desde facía unha semana. Ao chegar ao lugar e non conseguir que ninguén lles abrise a porta, os efectivos de urxencias tiveron que forzar a porta da vivenda. Na planta superior do inmoble acharon o corpo, xa sen vida da anciá. O levantamento do cadáver produciuse pasadas as catro da tarde. Presúmese que se trata dunha morte natural xa que non había outros indicios.