Baiona serve un rodaballo de 12 quilos

La Voz

BAIONA

cedida

23 comensais deron conta do exemplar saído do Berbés

30 oct 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O restaurante Rocamar serviu esta fin de semana un rodaballo de 12 quilos. O exemplar, que foi comprado no Berbés, serviuse o sábado ao forno e con patacas panadeira. Segundo confirman desde este emblemático local, 23 comensais gozaron deste rodaballo que bateu todas as marcas de capturas da zona.