Peregrinos Musicais programa quince concertos

La Voz

A Guarda

CEDIDA

A undécima edición do festival reunirá a 42 intérpretes internacionais

31 ago 2021 . Actualizado ás 04:55 h.

A undécima edición do festival Peregrinos Musicais contará cunha quincena de concertos de música clásica, ademais da gala de laureados, na que os sete finalistas desta edición entre os 42 intérpretes participantes chegados de diferentes países loitarán para alzarse co premio final.

Nesta edición, o festival estenderá o seu territorio con intención de achegar a música clásica ao público. Ademais de Santiago, programa actuacións en Valga , Abadín, Cambados, A Guarda e Lourenzá.

En Compostela, a primeira cita será o día 11 no Hotel Monumento San Francisco co Dúo Gamma. Non será a única neste escenario, pero tamén haberá eventos na Catedral, no Auditorio de Galicia e na Rúa do Camiño de San Francisco. A organización xa puxo á venda as primeiras entradas e poden adquirirse a través da web de Evenbrite. Os seus prezos oscilan entre os seis e os dez euros.