Rescatan a un pescador na Guarda que caeu ao mar

A Guarda

El helicóptero en una imagen de archivo
O helicóptero nunha imaxe de arquivo IAGO MANEIRO

O suceso ocorreu sobre a s19.30 horas da tarde do martes

11 sep 2019 . Actualizado ás 14:48 h.

Unha embarcación particular rescatou a pasada tarde a unha persoa que caeu ao mar cando estaba a pescar no Porto da Guarda.Ao fío das 19.30 horas, un particular puxo en alerta ao 112 Galicia. Indicaba que unha persoa caera desde as rocas ao mar e presentaba dificultades para saír por mor das fortes ondas que había nese momento.A partir de aí, o 112 Galicia puxo en alerta ao persoal de Salvamento Marítimo e ao servizo de Gardacostas de Galicia.

De igual modo, informou ademais dos servizos sanitarios, á Garda Civil, Policía Local e aos membros do GES da Guarda.Tamén o helicóptero Pesca-1 do servizo de Gardacostas desprazouse ata o lugar, aínda que finalmente, unha embarcación particular que estaba na zona puido rescatar a devandita persoa.Tras ser rescatada, unha ambulancia asistencial do servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazouse ata o porto e trasladou ao pescador, J.J.L.G. de 54 anos, ata o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.