O Lalinense sufriu para alzarse coa vitoria ante o BM A Cañiza

Javier Benito
javier benito LALÍN / LA VOZ

A Cañiza

rober amado

Os roxinegros puideron romper o partido de inicio pero reaccionaron os locais

14 oct 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Ao Lalinense tocoulle empregarse a fondo para traerse os dous puntos na súa visita á cancha da Cañiza. Un rival que dará máis dun susto, especialmente ante a súa afección, a equipos en teoría superiores. Contan cun bo persoal e un sistema de xogo definido, capaz de plantar cara durante os sesenta minutos de xogo. Sucedeu onte ante os roxinegros, que entraron mellor, cun 0-3 tras marcar Porto e Ramón en dúas ocasións.

Aos dez minutos o Lalinense xa gozaba de cinco goles de vantaxe tras subir Bruno o noveno. Pero pouco despois non sabían aproveitar senllas exclusións do BM A Cañiza para consolidar e mesmo ampliar a vantaxe. Pero logrouno despois para subir un esperanzador 8-15 un gol de Porto no 22. A partir dese momento producir unha desconexión dos roxinegros, incapaces de manter o nivel defensivo ademais de errar en ataque en exceso. Os locais comezaron a recortar as diferenzas de forma paulatina e en apenas oito minutos ata acabar o primeiro tempo logrou darlle un envorco ao partido e situarse cun 15-16 que deixaba aberto o encontro.

Esa reacción confirmouse no arranque da segunda parte, máis igualada. Os dezáns púñanse por diante dun ou dous goles, para equilibrar en varias ocasións o BM A Cañiza, que se puña por primeira vez por diante co 21-20, cun posterior 22-20. Tocaba a rebato o Lalinense, que buscou darlle a volta a ese resultado, aproveitando ademais unha descualificación nos locais para lograr un parcial ao seu favor de 0-4 e situarse 22-24.

Os locais non estaban dispostos a renderse e conseguiron de novo igualar a contenda a 25 cando restaban menos de cinco minutos para o final. Pero os dezáns insistiron para alzarse coa vitoria, cultivando tres goles máis un de Román e dous de Ramón, que con nove foi o máximo goleador do seu equipo- por só un do BM A Cañiza. Un triunfo pelexado, nun choque que puido resolverse na primeira metade. Pero nesta liga parece por agora que non haberá rival doado.

?Veiga, Lago (5), Dávila (1), Mendes (2), Alfeirán (1), Jacobo (4), Bernárdez -equipo inicial-, Couñago, Pereiro (9), Estévez, Covián (1), Alonso, Álvarez (1), Costa (2), Lago e Chao

?

Durán, Ramón (9), Martín (2), Bruno (2), Porto (8), Pachi (2), Roberto Álvarez -equipo inicial-, Iago, Ivi, Adrián, Uxío (1), Brais, Román (3), José, Losón e Rubas (1)

Tenteador cada 5 minutos: 1-4, 4-8, 6-10, 7-13, 9-15, 15-16 (descanso); 17-17, 19-19, 21-20, 22-23, 24-25 e 26-28 (final).

Árbitros: Descualificaron a Pereiro, con dúas exclusións de Lago e unha de Mendes na Cañiza; no Lalinense, dúas exclusións de Bruno e unha de Martín, Roberto Álvarez e Uxío.