
As chamas saltaron presuntamente dunhas nasas ao barco
19 jul 2025 . Actualizado á 09:18 h.A Garda Civil analiza as imaxes das cámaras dunha instalación que estaba a gravar no peirao de Vilariño cando se prenderon unhas nasas o xoves pola mañá. Así busca esclarecer a orixe das chamas que calcinaron unha embarcación de recreo dun armador de altura. O lume que se prendeu en 500 nasas situadas no peirao acabou caendo sobre un iate que estaba no pantalán, calcinando a embarcación de recreo de mediana eslora metros e que é propiedade e un armador de altura.
Afortunadamente non houbo que lamentar feridos e tampouco máis danos xa que a embarcación non se atopaba co depósito cheo de combustible. Precisamente atopábase preto da rampla preparada para encher.
Á confraría de Aldán chegoulle a alarma antes das once da mañá. Inmediatamente activouse o operativo de extinción no que participaron os auxiliar Irmáns García Nodal que chegou provista de dúas motobombas e a patrulleira Punta Roncadoira de Sanxenxo con outro equipo de extinción.
Tamén se despregaron efectivos da Policía Local e Emerxencias de Cangas e Bombeiros do Morrazo, que extinguiron o lume, pero non puideron salvar unha embarcación que está valorada nuns 300.000 euros. É unha lancha potente que permite navegar ata a costeiro do bonito. O dono das nasas non pertence á confraría e na zona xa habido máis casos de nasas que apareceron queimadas.