Pinta Tui recolle as obras de 45 artistas

J.L.

VIGO

cedida

A mostra está aberta na sala Francisco Sánchez

30 ene 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

O anexo da Sala Municipal de Exposicións do Edificio Francisco Sánchez, en Tui, acolle ata o 12 de febreiro a exposición das obras gañadoras e participantes na sétima edición do certame de pintura rápida Pinta Tui.

O concurso desenvolveuse o pasado mes de novembro baixo a organizado da Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui (Acitui) e contou coa colaboración do Concello de Tui e outras entidades da cidade. Na presente edición do certame participaron corenta e cinco persoas de toda a provincia de Pontevedra, que recolleron nas súas obras espazos e lugares de Tui con diversas técnicas e estilos. Entre as obras expostas están as gañadoras en categoría adulta, que premiou a Martina Bugallo, e xuvenil, na que venceu Martiño Ojea.

Xunto a elas, na exposición pódense apreciar as creacións de Sergio Ribeiro, Javier Pereira, Servando Barros e José Luís García en categoría de adultos.

Na xuvenil, ademais da obra gañadora, están expostas as de Arianna Pazos e UxíaSoto , mentres que na categoría infantil pódense ver as pinturas de Desirée de Deus e Manuela Martínez.

A exposición poderá visitarse ata o 12 de febreiro en horario de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas de luns a venres, mentres que os sábado estará aberta a sala de 9 a 13.00 horas.