Artes e Oficios mostra o traballo dos seus alumnos

La Voz VIGO

VIGO

XOAN CARLOS GIL

Proxectos 2022 recolle obras de alumnos de distintas materias impartidas na EMAO

30 ene 2023 . Actualizado ás 18:00 h.

O Espazo EMAO (Sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo) acolle a exposición Proxectos 2022. Son os proxectos de fin de estudos do alumnado do curso 2021-2022, parte 1, e poderase ver ata o 17 de marzo do 2023, en horario de luns a venres, de 19.00 a 21.00 horas. Foi comisariado o proxecto por Alba Pardo Cartelle e Pepe Pereira Somoza, mestra e mestre das especialidades de serigrafía artística e artesanía do coiro, respectivamente, coa colaboración do profesorado das especialidades de debuxo, pintura, talla e escultura en madeira, ourivaría, moda e confección e CAIM-Zanfoña.