Unha empresa de Valga , distinguida pola súa innovación na fachada de Balaídos e o Hospital Cunqueiro

La Voz

VIGO

cedida

Zona Franca distinuge á compaña Lema que segue innovando nos recubrimientos

25 ene 2022 . Actualizado ás 15:23 h.

A empresa Lema, responsable de fachadas singulares en Vigo como a azul ondulada do estadio municipal de Balaídos , a tornasolada do Hospital Álvaro Cunqueiro, a gris metalizada do Auditorio Mar de Vigo ou a da comisaría recibiu hoxe a visita do delegado de Zona Franca, David Regades. Tamén traballaron no proxecto da nave H, da que é licitador o propio Consorcio da Zona Franca. A empresa fixo fachadas cuns 16.000 metros cadrados. Lema recibiu este ano dous Indicadores Ardán, como empresa ben xestionada e de alta produtividade.

David Regades destacou «o traballo de empresas punteiras como Lema, que basean o seu traballo na innovación e ofrecen solucións tan vangardistas como a do estadio de Balaídos, con esa fachada ondulada en azul que o fan tan singular e recoñecible en calquera imaxe, á altura de instalacións como a do Guggenheim». O delegado estivo acompañado pola concelleira de Valga María Ferreirós. 

A compaña Lema, con sede en Valga , cumpre este ano o seu 45 aniversario cunha ampla bagaxe de solucións innovadoras, tanto para edificios públicos, como para industrias e edificación privada.

Así, ten no seu haber multitude de fachadas ventiladas de inmobles por toda Galicia, tamén solucións para a industria que xa aplicou a concesionarios de automóbiles por toda a comunidade, conserveiras, instalacións de empresas como Coren, así como centros comerciais como Marineda City e hoteis como o Galicia Palace de Pontevedra. Tamén centros públicos como o Colexio Alborada de Vigo ou o Hospital de Conxo.  

Entre as súas últimas innovacións está a chapa trenzada, que permite o seu uso para obras de decoración en industrias e en edificación; así como os paneis con perforación artística, que permiten ofrecer calquera tipo de imaxe a través da microperforación.