A céltica Ángela Coello, operada de apendicitis aguda

LA VOZ VIGO

VIGO

XOAN CARLOS GIL

A xogadora foi intervida con éxito, pero aínda non se sabe canto tempo estará de baixa

02 dic 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O Celta de Liga Challenge de baloncesto feminino informou onte de que a súa capitá, a canteirá Ángela Coello, tivo que pasar por quirófano para ser intervida de urxencia. Foi o pasado martes debido a «unha apendicitis aguda flemonosa», segundo reflectíase nun comunicado publicado na web da entidade.

Engaden que a operación foi un éxito, pero non determinan polo momento canto tempo deberá permanecer afastada das pistas debido a este contratempo. «Desde agora someteráselle a un seguimento clínico nos próximos días para establecer os tempos do seu regreso á actividade co equipo e volta á competición», especifican.

O próximo compromiso do equipo que dirixe Cristina Cantero será no pavillón de Navia este sábado a partir das 19.00 horas. As célticas enfróntanse ao Azkoitia Azpeitia, o pechacancelas da competición que só logrou unha vitoria ata a data e ao que avantaxan en catro puntos.