Concentración para pedir investigar abusos a ex alumnas en Vigo

La Voz VIGO / LA VOZ

VIGO

Óscar Vázquez

As antigas estudantes reclaman que se retire o galardón de vigués distinguido a un colexio da contorna de Camelias

24 oct 2021 . Actualizado ás 20:14 h.

Unha concentración convocada pola «instagramer» Lolita Watson reuniu onte na praza 8 de marzo, preto de Camelias, a varias ex alumnas do Colexio Labor de Vigo que piden que o centro escolar investigue os supostos abusos dun antigo director a nenas hai máis dunha década. Non constan denuncias xudiciais.

Reclaman que o colexio perda o seu galardón de vigués distinguido, que se responsabilice dos presuntos abusos, que os traballadores se desculpen polo seu silencio e que a actual directiva protexa aos nenos.