Caballero advirte ao Consorcio do Casco Vello que os soares que quere póxanse

La Voz VIGO / LA VOZ

VIGO

XOAN CARLOS GIL

Critica á Xunta por non alugar os locais baleiros que ten en propiedade

04 ago 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A comezos desta semana, o Consorcio do Casco Vello de Vigo anunciou a compra de 25 edificios durante os próximos anos para construír 45 pisos de promoción pública. O alcalde, Abel Caballero, explicou onte que 15 deses 25 inmobles que pretenden adquirir o organismo tutelado pola Xunta forman parte do programa de edificación forzosa que impulsou o Concello no seu momento e que está prevista a súa poxa pública ao mellor ofertante. Nese sentido, criticou ao Consorcio por dar por feito que compraría os soares e advertiu que, en todo caso, deberá facerse con elas na poxa.

O rexistro municipal está pensado para instar os propietarios dos soares abandonados ou en mal estado a recuperalos se non queren verse sometidos ao que veñen sendo expropiacións forzosas.

Caballero, ademais, criticou o que entende como dobre rapadoira da Xunta. «A nós non nos queren alugar catorce locais», sinalou o alcalde de Vigo en referencia a inmobles que ten en propiedade o Consorcio e que non teñen uso. O rexedor socialista insistiu en que a súa intención é arrendar os locais para cederllos a asociacións de diferentes tipos xa que hai unha gran demanda social. «Pagándoos, ¡eh!», aproveitou para dicir e sinalar que «a Xunta de Galicia non pensa pagar nin un céntimo».

O investimento previsto polo Consorcio no Casco Vello aproxímase aos 14,5 millóns de euros.