Tres décadas de Pórtaa do Atlántico en Travesas

La Voz

VIGO

La Voz de Galicia

O monumento inaugurado en abril de 1991 é dos máis espectaculares de Vigo e pensouse como unha homenaxe aos emigrantes galegos que partiron desde o porto vigués cara a América.

18 abr 2021 . Actualizado ás 05:30 h.

A escultura Porta do Atlántico, de Silverio Rivas, cumpre 30 anos. O monumento inaugurado en abril de 1991 é dos máis espectaculares de Vigo e pensouse como unha homenaxe aos emigrantes galegos que partiron desde o Porto de Vigo cara a América.

O goberno vigués presidido entón polo alcalde Manuel Soto, presentou en 1990 aos medios de comunicación o conxunto escultórico que realizaba o escultor Silverio Rivas nunha canteira do Porriño sobre un enorme bloque de granito rosa que finalmente pesou seis mil toneladas e mide a peza central 14 metros de alto. A obra composta por tres bloques: a porta, que se apoia nun estanque, e outras dúas pezas, situadas ao principio da Gran Vía e da Avenida de Castelao, pesa en total 427 toneladas. «A súa instalación foi tamén moi laboriosa e inicialmente contábase con trasladar guindastres de Bilbao, cousa que ao final non foi necesaria», recolle La Voz do 25 de abril de 1991 na súa edición local.

Foi a fonte escollida pola afección do Real Club Celta de Vigo para celebrar as vitorias do seu equipo pero xa non, porque a última reforma eliminou a fonte. Pero a remodelación da praza de América recibiu o visto e prace do autor: «É unha boa intervención, non desvirtúa o sentido conceptual da obra porque segue sendo unha porta navegable como cando se creou no 1991». O artista dixo en La Voz hai uns meses que tiña dúbidas, «pero visto o resultado final podo dicir que a nova remodelación mellorou o resultado anterior e ao poder aproximarse á obra pódense descubrir aspectos que a distancia lles impedía observar e atreveríame a dicir que poden percibir a enerxía que desprende ».

M.MORALEJO

Xunto ao conxunto escultórico (que custou 36 millóns de pesetas) foi paralela a obra do túnel que atravesa a praza de América. O túnel empezouse a construír en agosto de 1990 e rematouse o 12 de abril de 1991, como recolle a Voz nas súas páxinas. «O orzamento para a súa construción foi de 349.618 pesetas», indican.

Entre ese ano e o seguinte inauguráronse a maior parte dos monumentos de Vigo máis representativos da ciuda aínda hou día, como o «Monumento ó Traballo» de Conde; os Cabalos de Oliveira na praza de España, de Oliveira; o Sireno de Leiro en Pórtaa do Sol.