Empeza a funcionar un radar móbil que controla a velocidade no túnel de Beiramar

La Voz

VIGO

XOAN CARLOS GIL

Ocorreu en febrereo de 1997

22 feb 2021 . Actualizado ás 09:44 h.

La Voz de Galicia do 22 de febreiro de 1997 recolle na súa edición local a noticia da posta en marcha dun radar móbil que controla a velocidade no túnel de Beiramar. «Os técnicos de Tráfico están convencidos de que a instalación do radar móbil terá eficacia de inmediato unha vez que os condutores se decaten de que existe vixilancia». Explica tamén que «a colocación dun radar fixo foi refugada tras varias consultas, xa que sen identificar os condutores non son válidas as multas», pero anos máis tarde este impedimento técnico xa non foi un problema e o túnel vigués conta hai anos con varios radares fixos que penalizan aos condutores que superan os 50 quilómetros por hora.