O Consello da Xunta aproba hoxe a ampliación do Ifevi en 5.000 metros por 7,65 millóns

La Voz VIGO / LA VOZ

VIGO

M.MORALEJO

A tramitación só está pendente de que o Concello poña a disposición os terreos

26 novs 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O Consello da Xunta aprobará hoxe a ampliación do Instituto Feiral de Vigo en 5.000 metros cadrados. A Consellería de Economía investirá 7,65 millóns de euros co obxectivo de incrementar a competitividade das instalacións e consolidar a celebración de eventos de referencia internacional como Conxemar, Navalia e Mindtech.

A tramitación levou a cabo mediante o procedemento de urxencia e de excepcional interese. A Comisión Superior de Urbanismo de Galicia aprobou a semana pasada o proxecto unha vez recompilados os informes favorables, tanto do Concello como dos diferentes órganos sectoriais. As obras realizaranse mediante un convenio de colaboración entre a consellería e a Axencia Galega de Infraestruturas, que se encargará da licitación.

O acordo do Consello da Xunta tamén supón a declaración de urxencia da expropiación e a prevalencia do proxecto, quedando pendente agora que o Concello poña os terreos a disposición da administración autonómica. As obras buscan manter a configuración orixinal, ampliando a zona traseira do pavillón número 3.